O ASASINO DA ESTRADA


Nuno, o meu instructor da autoescola, amosou hoxe ter uns nervos de ferro. O portugués non mudou o semblante cada vez que eu non era quen de dominar o vehículo. Sequera cando manquei unha ducia de galiñas, cando anticipei o Sanmartiño duns porcos, o de Porto perdeu a cara à súa profesión, continuou firme nas súas conviccións, e iso que a vella que voóu por riba do capó non esquencerá no que lle queda de vida o seu encontro co "Asasino da Estrada", o sucesor do roqueiro americán Jerry Lee Lewis. Agardo que axiña se repoña das suas feridas, e abandoe o Complexo Hospitalario Xan Canalexo... E perdoe a este imprudente aprendiz.
Por iso, pola paciencia amosada polo luso, decidín escribir na miña lingua nativa, homenaxeando ó "roxo de Sousa", que cando dei por rematada a nosa aventura, arrancou un Malboro da guanteira, e escomezou a rendilo con pulo ó ímpetu dos seus pulmóns. Vai por él.

5 comentarios:

El baron rojo | 9:24 p. m.

Aínda daba catro pesos por verlle a cara ao pobre home.

MONTECRISTO | 9:44 p. m.

Coido que ainda non lle pasou o susto...

Sayory | 10:40 p. m.

Bueno,viejas asesinadas a parte...¿cómo te fue la primera práctica?

MONTECRISTO | 11:09 p. m.

No maté a nadie. Según el Nuno este, "se te ve que lo vas a coger enseguida". Yo le respondí que él terminaría en la cárcel por insensato.

chiscolina | 3:40 p. m.

Procura hacer las prácticas en lugares inhabitados...como medida preventiva no está mal ;) GGGG